23 may 2011

CHEGOU O DÍA




Canto antes o dixemos, antes pasou... Ao chegar da fin de semana vimos que a nosa femia xa parira. Tivo dez crías aínda que sospeitamos que foron máis pois contrariamente ao que observamos en veces anteriores había bastante sangue o que pode indicar que comeu algunha das crías. Este feito non é raro dentro do mundo dos roedores.




O número de nacidos é bastante elevado e esto xustifica o seu diríamos que minúsculo tamaño. Miden aproximadamente 2cm.

20 may 2011

NOVA ESPERA



A parella da gaiola verde, segue de Lúa de Mel e os bebés non chegan.



Os irmáns seguen medrando e experimentando, xa comen penso polo que teremos que ter esto en conta á hora de alimentalos.



A nai destes elementos está novamente preñada (recordade que o curso pasado aprendimos que teñen celo post-parto). Esperaremos o feliz acontecemento do parto.

18 may 2011

ESPELIDOS E BRINCADEIROS




Estes seis irmáns son ben simpáticos!. Moi activos, xogan todo o día, xa teñen os ollos abertos. Os datos referentes ao carácter cor de ollos é: Manchitas ten os ollos negros, os catro albinos ollos vermellos e o grisallo tamén ollos vermellos.




Con estes datos o alumnado de 2º de Bacharelato ten que explicar xenéticamente a causa da variabilidade observada tanto para o carácter cor de pelo coma para o carácter cor de ollos.

10 may 2011

MARAVILLOSA VARIABILIDADE




De tódalas crías unha ten especial éxito entre o noso alumnado; é o rato a manchas Manchitas. Os seus irmáns tamén son preciosos: catro son albinos e un grisallo. De momento non abriron os ollos polo que teremos que esperar.

4 may 2011

AS CRÍAS MEDRAN





Como é lóxico, as nosas crías medran con rapidez e xa teñen pelo. Intúese claramente que imos ter variabilidade no carácter cor de pelo.

26 abr 2011

NACEN AS CRÍAS









Pasaron os días e chegou a Semana Santa, Jose Vilaboy fíxose cargo dos ratos e á volta xa tiñamos a sorpresa!. Naceron seis crías da parella da gaiola azul.

8 abr 2011

EXPERIENCIA CURSO 2010-2011











Novamente temos ratos no noso laboratorio. Este ano hai dúas parellas. Na gaiola verde, a femia e grisalla de ollos vermellos e o macho chocolate de ollos negros. Na gaiola azul a parella e chocolate de ollos negros.