30 abr 2010

parte médico: O Derradeiro


Moito nos tememos que...

a poesía de Pepe "o poeta da horta" vai un pouco adicada a el

Uns chegan e outros vanse

As nosas pequenas crías xa non o son tanto , están fermosas e moi activas, tanto que estes últimos días tivemos que ter moito coidado ao facer as tarefas de limpeza pois á mínima saltan.
A nosa gaiola nº 3 segue sen procrear. Problema de esterilidade...?.
Jose Vilaboy pensa que pode ser eso, así que hoxe venres día 30 marcharán todos os ratos pois xa temos resultados para plantexar o problema xenético . Pero non nos damos por vencidos coa variedade Chocolate da gaiola nº 3 e traeremos outra parella.

Todos non se van

De momento, a gaiola nº 2 segue con nós. Hoxe esmerámonos no seu coidado pois como o luns 3 de maio non temos clase, deixámoslles dous bebedeiros ben cheos e penso dabondo.
Adeus as gaiolas 1 e 3, fóchedes unha gran experiencia !

"O poeta da Horta"


A ese pequeno roedor, quería
dedicarle yo esta elegía
animal tan insignificante
y a la vez, tan importante.

Y si no, espera que te cuento,
siempre está presente el ingrato
si pasas un mal momento
dices pasé un mal rato.

Hasta para quedar,
cuando estás al apa-rato
sueles pronunciar
nos vemos dentro de un rato.

La informática no se escapa
de la presencia del roedor
es necesario apretarle la tapa
para manejar el ordenador.

Haciendo girar las ruedas,
soportando miles de pruebas
vaya repertorio
rey del laboratorio.

Por eso, escucha
aunque su paciencia, es mucha
no te extrañe que dicho roedor
reclame algún día, derechos de autor.

Pepe.

29 abr 2010

¡Revolución xornalística!

O día 16 de abril saíu a nosa experiencia publicada no suplemento A Chaira do diario O Progreso e dende aquela foi todo seguido : saímos no Correo Gallego e no Diario de Ferrol o 20 e na Voz de Galicia o 25. A TVG veu o luns 26 e o 28 France -Press ¡Xa somos internacionais!.

Estos sonche os enlaces donde podes ler as noticias :
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/mayor-granja-ratones-espana-arrasa-coles/idEdicion-2010-04-22/idNoticia-538853/
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/04/25/0003_8440778.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego
http://elprogreso.galiciae.com/nova/46123.html

28 abr 2010

O tempo pasa


As nosas crías atopáronse felices leitando e medrando sen parar. Aquí xa podemos ver claramente as tres variedades na cor do pelo que temos.

27 abr 2010

parte médico


-O noso pai enfermo non se recuperou e Jose Vilaboy levouno para Xaraleira esperando que alí mellore.Estamos tristes

-Na gaiola nº3 seguimos sen embarazo.

A experiencia tamén inclúe a limpeza diaria



limpando os ratos coa axuda das rapazas e dos rapaces

23 abr 2010

Abren os ollos


Os nosos ratiños xa teñen os ollos abertos, pasadas dúas semanas do seu nacemento vemos que todos teñen ollos negros agás os albinos que os teñen vermellos. Como explicaremos esta novidade? Aqui temos un novo reto...

20 abr 2010

parte médico

-O noso macho enfermo parece estar un pouco mellor. Esperemos que continúe nesta liña.

-Hoxe pesamos à femia da gaiola nº3 e non hai diferenza coa semana pasada polo que pensamos que segue sen estar preñada. Teremos que ter paciencia.

19 abr 2010

parte médico

En relación co noso macho enfermo, segue a mostrar síntomas de enfermidade. Administrámoslle o antibiótico nunha dose superior á espera de melloría.

18 abr 2010

Tamaño 2 céntimos de euro + - (sen contar a cola) e medrando



Á semana do seu nacemento saíulles o pelo e temos dúas crías brancas ( albinas ), 3 negras e as demais grises coma os pais. Como vedes, xa atopamos variabilidade xenética nos descendentes e a partir de agora podemos empezar a pensar como é posible este fenómeno botando man dos nosos coñecementos de xenética mendeliana.

16 abr 2010

Temos un enfermo,terá todo os coidados necesarios

O macho da gaiola nº1 está enfermo. Baixou de peso e está a tremer constantemente.
Segundo nos informa o dono de Xaraleira Jose Vilaboy ten unha enfermidade pulmonar producida pola bacteria Mycoplasma pulmonis, enfermidade endémica nos ratos.
Decidimos tratar ao noso rato cun antibiótico axeitado á súa doenza:
Hipralona-enro-f.
Administraremos o produto na auga do bebedeiro durante 7 días.
Esperamos que o noso macho sobreviva.

15 abr 2010

A ver se se anima a parella da gaiola 3 (chocolate de ollos negros)

Os nosos ratiños atópanse ben.As nais seguen aleitando aos seus pequenos e estes medrando.
A femia da gaiola nº3 non parece estar preñada polo que de momento debemos esperar e que eles gocen da lúa de mel.

13 abr 2010

A cousa vai ben

Hoxe os nosos pequenos seguen ben.

Onte as crias da gaiola nº2 estiveron sen a atención das súas nais durante gran parte da mañá polo que pensamos que podiamos ter un caso de abandono ou rexeitamento, pero hoxe pola mañá xa vimos que a familia está de novo reunida.

Observando as crías xa se comeza a distinguir que unhas son máis escuras e teñen os ollos cunha cor máis marcada ( observación a través das pálpebras pois aínda non abriron os ollos ) e outras seguen sendo rosadiñas e parece que non teñen ollo.

12 abr 2010

De sorpresa en sorpresa


Luns 12 de abril:temos ratiños na gaiola nº 2!. Durante a fin de semana naceron 9 crías que coidan agarimosas as súas nais.
Con moito coidado realizamos labores de limpeza, reposició de comida e auga.
Observando as crías vemos lixeiras diferenzas na color da pel, unhas son máis escuras e outras máis claras, tamén observamos que teñen os ollos máis ou menos marcados.

Tralos nosos coidados, pasado un tempo, observamos que na gaiola nº 2 as femias colocaron as crías en dous niños diferentes e parece que se desentenden delas pois non as están amamantando. Estaremos ante un caso de rexeitamento?.

10 abr 2010

Non todo foron alegrias

Lamentablemente duas das crías apareceron mortas

9 abr 2010

Sorpresa!



Ao chegar pola mañá, vimos que xa pariran as femias da gaiola nº 2, temos 11 rosadiñas crías

8 abr 2010


Primeiros coidados das gaiolas polo alumnado

Como comezou todo

Hoxe,xoves 8 de abril recibimos 3 gaiolas con ratos no IES. A gaiola nº 1 contén dúas femias e un macho da variedade Agouti de ollos negros, a gaiola nº 2 ten o mesmo e a nº 3 unha parella da variedade Chocolate de ollos negros.
Instalados os nosos novos compañeiros, subministrándolles auga e comida, deixámolos tranquilos para que se repoñan da viaxe. Despegamos!!!!

7 abr 2010

Quen é Jose Vilaboy?

Jose Vilaboy é o dono de Xaraleira, unha empresa dedicada á cría de roedores e quen nos suministrou os nosos ratos. É quen nos está ensinando como coidalos e outras moitas cousas como que cada rato come 10g de penso ao día, que a nai recoñece aos seus pequenos polo olfacto etc.
A Jose tamén lle tocou a parte máis fea, pois encargouse de levar as crías mortas a Xaraleira donde dispón dun depósito, axeitado e autorizado por sanidade, para animais mortos.

6 abr 2010

Os ratos e Mendel


Este blog versará basicamente sobre a experiencia que estamos a facer no instituto Moncho Valcarce,relativa a traballar con ratos VIVOS PARA INTENTAR ENTENDER DUNHA MANEIRA PRÁCTICA E SINXELA AS LEIS DE MENDEL.
Tentaremos levar dia a dia o blog , para que vaiades vendo como os nosos ratos van evolucionando.

información básica sobre xenética para entender mellor o proxecto

pinhaaquípara ver as páxinas web